[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno municipal aproba novas obras con cargo ao POS+ adicional da Deputación
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno do Concello de Oleiros aprobou a participación no Plan provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados da COVID- 19 polo que se recibirá unha achega de 87.408,95 euros da Deputación da Coruña. Tamén se acordou destinar 89.137,92 euros para os gastos correntes municipais e abordar a reposición de pavimentos e sinalización na urbanización As Galeras por 298.307,06 euros, con cargo ao POS+ adicional da Deputación e a 59.661,41 euros de fondos propios do Concello.
A petición dalgúns grupos da oposición, o Goberno municipal explicou as numerosas actuacións realizadas polo Concello ante a pandemia do COVID-19, das que xa se informou a todos os cidadáns no último número do xornal Vivir en Oleiros. A atención e coidado ás persoas maiores e dependentes e a axuda ás familias que se atopan en situación de vulnerabilidade están a ser as prioridades das actuacións municipais ante esta grave crise. Desde a declaración do Estado de alarma, entre outras moitas cousas, aprobáronse medidas fiscais especiais, realizáronse tarefas de desinfección en espazos públicos e a Policía Local fixo unha importante labor de supervisión do cumprimento das directrices do Goberno central.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]