O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa en apoio ao sector das festas populares

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa en apoio ao sector das festas populares

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno da Deputación da Coruña aprobou a moción presentada por Alternativa dos Veciños para reclamar o apoio das administracións para o sector do espectáculo, as orquestras, as bandas de música profesionais e non profesionais e a verbena galega en xeral. Co acordo acadado, a Deputación deberá constituír unha comisión Xunta de Galicia e a Facenda do Estado para revisar a situación actual e non perder unha parte esencial da historia e da cultura de Galicia como son as verbenas galegas, as romarías e festas populares que no ano 2019 foron propostas como Ben de Interese Cultural.

Coa moción tamén se reclama que a Xunta de Galicia revise as políticas fiscais e a aplicación das normas que se levan a cabo coas Comisión de Festas, que non cos axentes do espectáculo; que desde a Xunta de Galicia e dos concellos de Galicia se faciliten colaboracións e axudas ás Comisión de Festas para a celebración das festas patronais, festas populares, romarías, feiras… diminuíndo a burocracia; e que desde a Facenda estatal se controle aos axentes de espectáculos e deixen de perseguir aos músicos, vítimas dos anteriores.

Galicia posúe innumerables características e singularidades culturais e tradicionais que a fan distinta e singular desde tempos inmemoriais. As festas patronais son un nexo de unión permanente dos pobos e das familias. Se non se toman medidas que favorezan a realización dos centos de festas de Galicia, desaparecerá da nosa terra unha profesión que dou de comer a milleiros de persoas que vivían da súa celebración.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!