oseiro

O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa dos Veciños

O pleno provincial aprobou a moción presentada por Alternativa dos Veciños ante a intención do Concello de Arteixo de cambiar o uso de dúas parcelas cedidas pola Deputación para a súa venda. A pretensión é eliminar os seus actuais usos deportivos e dotacionais e poñelas á venda como solo industrial e comercial.

As parcelas que se pretenden vender están destinadas a uso deportivo e equipamento comunitario. A Parcela 111 ten 11.599 m² e usouse como campo de fútbol pola veciñanza de Rañobre; a número 132, de 27.668 m², está ocupada polo campo de fútbol de Oseiro; e a parcela nº 24, de 10.453 m², está ocupada polo Parque de Bombeiros comarcal.

Novas relacionadas