O Pleno do Concello de Oleiros aproba a constitución do Goberno municipal
O pleno extraordinario celebrado esta mañá na Casa Charry aprobou todos os puntos da orde do día establecidos para a sesión. Os membros da coporación tamén foron informados do decreto de alcaldía no que se estipulan as áreas do Goberno municipal e as súas respectivas asignacións, quedando configurado do seguinte xeito:
– Ángel García Seoane: alcalde
– María José Varela Neira: primeira tenente de alcalde e concelleira de Interior, Seguridade Cidadá, Urbanismo e Economía e Facenda
– Margarita Figueroa Vázquez: segunda tenente de alcalde e concelleira de Recursos Humanos, Cooperación e Participación Cidadá
– Mª Esther Isabel Garrido Pan: terceira tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Normalización Lingüística
– Mª Teresa Vázquez Maseda: cuarta tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Formación e Emprego, Turismo e Promoción Económica
– Antonio Molinos Marcote: quinto tenente de alcalde e concelleiro de Obras Públicas e Medio Ambiente
– Pablo Cibeira Taboada: sexto tenente de alcalde e concelleiro de Comunicación e Novas Tecnoloxías
– Aurora Belén Taboada Casal: sétima tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais
– Jaime Rumbo Mosquera: concelleiro de Servizos Municipais
– María José Santos Zas: concelleira de Ensino e Xuventude
– Sandra Fernández Fernández: concelleira de Economía, Facenda e Contratación
– Rosa Mª Méndez Gómez: concelleira de Parques e Xardíns
– Marta María Martínez Martínez: concelleira de Sanidade e Consumo
O reparto económico establecido é o seguinte:
– Alcalde(dedicación exclusiva): 56.743,32 € brutos anuais
– Tenente de alcalde responsable de área(dedicación exclusiva): 42.031,78 € brutos anuais
– Tenente de alcalde responsable de área(dedicación exclusiva): 42.031,78 € brutos anuais
– Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 31.523,80 € brutos anuais
– Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 31.523,80 € brutos anuais
– Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
– Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
– Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
– Concelleiro delegado (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
– Concelleiro delegado (dedicación exclusiva): 26.269,88 € brutos anuais
– Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais
– Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais
– Concelleiro delegado (dedicación parcial): 26.269,88 € brutos anuais
En canto ás dietas, só serán percibidas polos concelleiros e concelleiras da oposición. Establécese unha retribución de 150 € por asistencia a cada pleno ou a cada unha das xuntanzas das comisións.
No tocante ó persoal eventual, o pleno aprobou a creación de 7 postos de traballo para persoal eventual. Aínda que, segundo informou o alcalde, polo momento non se cubrirán todas esas prazas.
O pleno acordou que as sesións ordinarias se celebren o último xoves de cada mes ás 20:00 na Casa Charry. En agosto non haberá plenos ordinarios.