O pasado temporal de choiva e vento deu lugar a derrubos de ruinas ou a ameazas de derrubo, algunha delas seguramente protexidas por Patrimionio. No seu día foron seguramente casas vizosas e fortes, pero co paso do tempo e o abandono da propiedade, acabaron en ruinas que resultan un perigo para as persoas.
Os derrubos ou amenazas de derrubo de estruturas arquitectónicas rexistrados nos centros históricos de Ferrol e Betanzos, que por sorte non chegaron a ser luctuosos, tiñan duas opcións para non chegar a esa situación dramática: seren restaurados ou derrubados, pero así non poden permanecer, asomados ao espazo público con serios riscos para a seguridade das persoas.
Os concellos son responsables desas ruinas, tanto por non obrigar á propiedade a restaurar, como por non derrubalos, toda vez que perderon a condición de vivendas e resultan unha ameaza.
“Non é de recibo que ninguén faga nada por resolver estas situacións”, declarou ante a prensa o presidente da Alternativa e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Fixo ademáis un paralelismo co que aconteceu hai meses coa antiga Casa Carnicero, unha ruina contigua á ponte da Pasaxe que ameazaba derrubarse ante o temporal anunciado para aqueles días.
Tras a pertinente obra de derrubamento ordenada polo Concello, o alcalde foi denunciado debido ao suposto valor patrimonial dos restos do edificio, sobre o que nen Patrimonio, nen a Xunta nen a propiedade se tiñan ocupado antes, xenerando un risco para a poboación.