O patrimonio de Ojea, en perigo por deixadez

Un ano e tres meses e o Goberno Municipal nin iniciou o expedente de concesión das Naves de Ojea

Tras varias visitas de Costas ao concello de Cangas durante o 23 e principios do 24, MSE fai público polos medios de comuniciación que Costas lles comunicou ao Concello o 7 de marzo de 2024 que ou actuaban solicitando a cesión de dito espazo ou licitarian a demolición de todas as naves do ámbito de Ojea, licitación que se levou a cabo e se adxudicou.

Para que en Alternativa coñeceramos o que estaba a suceder solicitamos reunión en Costas do Estado donde se nos recibiu e informou da importancia de actuar de forma rápida e eficiente. E iso levonounos a presentar unha moción no mes de abril, cos puntos claros para avanzar e incluso o mapa de solicitude de concesión do ámbito.

É polo que o propio Goberno municipal decide levar a petición da cesión de dito ámbito en ese mesmo pleno , xa que é un dos requisitos que indica Costas no seu escrito .

Requsitos cesión “Naves de Córdoba”
“1. Solicitud de concesión en modelo normalizado adjunto, indicando la superficie de DPMT a ocupar (superficie de ocupación en planta de las naves objeto de concesión administrativa).
2. Acreditación de la personalidad del peticionario y de la representación en que este actúa (a lasolicitud de concesión, según modelo normalizado adjunto, debe adjuntarse acuerdo del Pleno del Ayuntamiento
en demanda de dicha concesión, debidamente certificado por el secretario delAyuntamiento).
3. Proyecto Básico, suscrito por técnico competente, ajustando su contenido a lo especificado en losartículos 85, 88, 91 y 97 del Reglamento General de Costas.”.

O pleno de abril aprobou a petición de inicio dos trámites da concesión en base á nosa moción e co seguinte punto de acordo:

1- “1. O Pleno do Concello de Cangas insta á Dirección de Costas do Estado que resolva oexpediente de desafectación recoñecendo a innecesariedade e entregue os terreos das Naves de Ojeaó pobo de Cangas. 2. O Pleno do Concello de Cangas insta ó Goberno Municipal a que presente no Pleno o inicio de expediente de Concesión das Naves de Córdoba

3. O Pleno do Concello de Cangas acorda solicitar a concesión do ámbito de Ojea ao ServicioProvincial de Costas.

4. O Pleno do Concello de Cangas insta ó Goberno Municipal a que convoque unha reunión ós representantes dos partidos que forman parte da corporación municipal para decidir de forma conxunta o uso para o cal se vai pedir a Concesión de ditas naves a Costas“.

Comparte esta nova!