A inauguración do parque As Trece Rosas será mañá, ás 19:00 horas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A inauguración do parque As Trece Rosas será mañá, ás 19:00 horas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A inauguración do novo parque costeiro de Bastiagueiro será mañá sábado día 13 de xuño, ás 19:00 horas. O acto, ademais de abrir oficialmente esta inmensa zona verde pública, será unha homenaxe ás Trece Rosas e incluirá o descubrimento dunha escultura alegórica dunha muller que simboliza a liberdade e a loita pola democracia destas mulleres.

O Concello de Oleiros fai un chamamento a toda a cidadanía para que participe neste acto público aberto. Está prevista a presenza de representantes de diversas forzas políticas democráticas, sindicatos e familiares das Trece Rosas.

“Trátase dun parque único e fermosísimo que se creou para o uso e goce de todos os cidadáns. Co nome que escollemos pretendemos que non se esqueza este brutal crime do réxime franquista e que sigamos alerta ante os partidos que pretende destruír a democracia”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Este novo espazo público ocupa toda a franxa costeira desde o Hotel Portocobo ata a praia de Bastiagueiro, ocupando 123.594 metros. O Concello investiu máis dun millón e medio de euros na súa creación.

Ademais deste acto, hoxe ás 20:30 horas proxectarase o filme Las Trece Rosas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta pero a capacidade estará limitada á metade das butacas, tal e como establece o BOE.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!