O Monte Costa continúa nun limbo

O Monte Costa, onde se sitúa a Garrocha, continúa sen avances tras o inicio do trámite de reversión, para devolver o uso das propiedades, á Deputación de A Coruña a principios de 2026 e o goberno local elude contestar con claridade.

Alternativa solicitou información actualizada sobre o expediente do procedemento e demandou a suspensión do procedemento ata que non sexa determinada a viabilidade das propiedades e o uso previsto.

Durante a sesión plenaria realizada esta semana Alternativa formulou diferentes preguntas que foron escuetamente respostadas pola executiva. Para nunha segunda intervención, a executiva avanzou que nas vindeiras semanas está prevista unha reunión coa Deputación para determinar a fórmula xurídica do expediente, confirmando que podería haber diferentes opcións, sin definir claramente nin cales nin cal é a dirección do proxecto.

Alternativa abogou, como o resto dos grupos, pola suspensión do procedemento de reversión, ao fin de coñecer primeiramente as diferentes opcións ou proxectos que se poidan valorar. Evitando que se poida perder un acordo beneficioso para o municipio nun futuro.

Comparte esta nova!