O Ministerio atenderá as alegacións presentadas por Alternativa dos Veciños pola pegada sonora do aeroporto

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Ministerio atenderá as alegacións presentadas por Alternativa dos Veciños pola pegada sonora do aeroporto

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo mantiveron unha reunión con representantes da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na que se trataron diversas cuestións relativas ao Plan Director do Aeroporto da Coruña, servidumes aeronáuticas, servidumes acústicas e as alegacións presentadas.

Na xuntanza tamén se informou da creación dunha comisión para as servidumes sonoras e o Plan de Acción do aeroporto que estará formada pola Dirección Xeral de Aviación Civil, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, AENA e tres representantes designados pola Xunta, entre os que estarán os concellos afectados pola pegada sonora. Nesta comisión informarase das propostas para o establecemento das servidumes acústicas e do Plan de Acción asociado ás servidumes.

Os representantes do Ministerio explicaron que atenderían en boa parte as alegacións presentadas por Alternativa dos Veciños pola pegada sonora, nas que se reclamaban indemnizacións económicas no suposto de imposibilidade de construír en solo urbano e que se sufragasen os gastos de insonorización nas vivendas xa existentes. Tamén está previsto medir o ruído en diferentes puntos próximos ao aeroporto para intentar que os avións empreguen sistemas que dispoñen para reducir o son e diminuír as molestias acústicas. Segundo informaron os representantes do Ministerio, nos vindeiros días enviarán o documento definitivo de resposta ás alegacións.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!