[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O humor entra na programación cultural de Carral
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Carral introduce o humor na súa programación cultural a través do ciclo “Venres de Monólogo”.
O pasado venres 11 de setembro comezou o ciclo “Venres de Monólogo” co monologuista Avelino González e a súa función “Contos de contrabando”. O próximo será Cándido Pazó, o venres 18 de setembro, coa función “Como dicía o outro”. E a última será Stephy Llaryora con “Eu quero ser galega” o venres 25 de setembro.
As persoas interesadas en asistir deberán reservar convite na Casa da Cultura (981 67 25 80), antes das 12.00 horas do propio día de cada monólogo. Esta edición realizarase no local Xente Nova de Tabeaio ás 21.00 horas, e estarán suxeitas a un estrito protocolo de seguridade para reducir o risco de contaxio da Covid-19.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]