O Goberno tránsfuga de Sada ten pechado o Pazo de Meirás para visitas de escolares

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O caos e incompetencia do actual Goberno en moitas outras áreas, dáse tamén neste asunto.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A alcaldesa tránsfuga de Sada négase a apertura do Pazo de Meirás para visitas entre semana de escolares, desatendendo peticións de colexios, institutos e concellos da comarca. Malia existir acordos previos cos responsables do anterior Goberno municipal e contar cos pertinentes permisos de Patrimonio do Estado, o Concello non abre o pazo.

O caos e incompetencia do actual Goberno en moitas outras áreas, dáse tamén neste asunto. Os propios traballadores municipais atópanse nunha situación de desamparo ante o descoñecemento das competencias sobre o pazo, que están a bailar entre os concelleiros José Luis Tellado ou Sergio García. Polo momento, o Concello de Sada só abre o pazo para visitas turísticas as fins de semana.

Nenos e mozos de toda Galicia estanse a ver privados de coñecer unha parte imprescindible da memoria do noso pobo pola ineficacia do actual Goberno tránsfuga de Sada para xestionar as visitas escolares ao Pazo de Meirás. É indecente para a memoria democrática do noso país que unha alcaldesa tránsfuga manteña pechado o pazo pola súa incapacidade de xestión.

A educación é un dereito básico e elemental. A construción dunha sociedade democrática e libre debe ir máis alá da formación académica, por iso este tipo de actividades son imprescindibles para complementar os coñecementos sobre a historia.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!