O goberno prevé iniciar este verán as obras do Río Chan

Alternativa trasladou no pleno de abril a situación da rúa Río Chan, unha vía cuxo firme presenta un importante deterioro.

A veciñanza leva anos reclamando solucións, pero segundo anunciou o goberno local a obra será licitada “nos vindeiros días”.

Porén, a día de hoxe a actuación aínda non figura publicada na Plataforma de Contratación do Estado.

Dende Alternativa espera que o anuncio non se quede só en palabras, e manterá un seguimento do expediente ata que a licitación e as obras sexan unha realidade.

Comparte esta nova!