c

O Goberno municipal crea unha praza de arquitecto irregularmente para evitar informes negativos ao Plan Xeral

O Goberno municipal acordou unha modificación da RPT que non se axusta á normativa da administración pública para poder sacar de maneira encuberta unha praza para técnico de urbanismo teledirixida.

Tanto a Secretaria e como o Interventor do concello emitiron informes negativos por ser unha actuación totalmente contraria á lei.

Esta nova praza estaría ocupada por unha persoa que desprazaría ao actual arquitecto municipal que alertou das irregularidades que existen no documento do Plan Xeral. A secretaria municipal tamén coincide coa postura do actual arquitecto sobre o Plan.

Novas relacionadas