O goberno local rompe os acordos que había para a ampliación do CEIP Vicente Otero Válcarcel

O inicio escolar en Carral ven salpicado pola imposición da Xunta de Galicia e do Goberno local do PP de un proxecto de ampliación do CEIP Vicente Otero Válcarcel non consensuado

A obra podía terse realizado para este curso escolar, pero dende o goberno do PP nin se impulsaron as obras, nin se respetaron os acordos acadados a principios do ano 2025 entre a dirección territorial da Consellería de Educación, o equipo directivo do centro, a ANPA e o anterior rexedor Javier Gestal.

O goberno do PP e Xunta impoñen este novo proxecto que rompe cos acordos previamente consensuados, ademáis que reduce espazos educativos, elimina a zona cuberta exterior, así como un dos comedores, e non contempla novas zonas verdes e de xogo.

A proposta acordada entre finais de 2024 e principios de 2025, durante o mandato de Javier Gestal, contemplaba o derribo das antigas vivendas do profesorado, negociando unha cofinanciación ao 50% entre Xunta e Concello. Esta actuación permitiría construír un novo edificio para a biblioteca e outros servizos educativos, o aumento de 7 a 8 aulas e a habilitación dunha zoa verde de xogos.

Alternativa é crítica polo retraso das obras “cambiouse un proxecto de ampliación negociado e consensuado pola comunidade educativa que recollía as necesidades reais do colexio, pola imposición de un proxecto en estado moi inicial e que non recolle as necesidades do centro, nin as peticións das familias, imposto pola Xunta e o Goberno do Sr Mouriño sen contar coa Anpa nin coa Direccion do colexio”

Comparte esta nova!