[vc_row css=”.vc_custom_1526489285342{padding-right: 15% !important;padding-left: 15% !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Goberno de Culleredo négase a unha nova exposición pública do PXOM
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1526489298211{padding-right: 15% !important;padding-left: 15% !important;}”][vc_column][vc_column_text]O voto de calidade do alcalde José Ramón Rioboo desfai o empate e impide unha nova exposición do texto aos veciños e veciñas de Culleredo, con máis de mil afectados polos cambios con respecto ao texto aprobado inicialmente en 2013.[/vc_column_text][gem_youtube video_id=”https://www.youtube.com/watch?v=7pfvGwjGInc”][vc_column_text]
Alicia Ferreiro, voceira de Alternativa dos Veciños de Culleredo: «As modificacións recalifican terreos e non se informou ás persoas afectadas na aprobación inicial de 2013. O Concello ten que facer unha nova exposición ao público para cumplir co principio de transparencia e cos veciños e veciñas»
[/vc_column_text][vc_column_text]O Goberno municipal de Culleredo presidido por José Ramón Riobóo vota en contra da moción de Alternativa dos Veciños que solicitaba unha nova exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).[/vc_column_text][vc_wp_text]
[/vc_wp_text][vc_column_text]
A pesar das máis de 1.200 alegacións ao PXOM e ás 350 sinaturas de veciños e veciñas que pedían unha nova exposición ao público, o Goberno do PSOE (9 concelleiros) decide continuar coa súa política oscurantista e votar en contra do texto. A moción non sae adiante, tamén, debido ás abstencións de Marea Veciñal (2) e Ciudadanos (1) -cuxos votos serían necesarios para lograr maioría e aprobar a moción-.
Desde Alternativa dos Veciños consideramos un xesto de completa desconsideración coa veciñanza a actitude tanto de PSOE como de Marea e Ciudadanos e seguiremos reclamando transparencia no proceso e unha nova exposición do PXOM. É necesaria esa nova exposición pública para atender ás demandas da cidadanía de Culleredo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][/vc_column][/vc_row]