O Goberno de Culleredo evade a súa responsabilidade ante os servizos pagados e non prestados

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno de Culleredo evade a súa responsabilidade ante os servizos pagados e non prestados

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno municipal de Culleredo contestou ás denuncias efectuadas por Alternativa dos Veciños sobre as diversas irregularidades cometidas na xestión dos servizos de limpeza viaria e xardinería. Na documentación presentada, Alternativa amosaba o continuo incumprimento das leis de contratación pública e a realización de pagamentos por traballos non realizados.

Na súa resposta, o Goberno de Culleredo recoñeceu que as facturas son informadas negativamente polo interventor e a secretaria.

Sobre os motivos polos que non licitan mediante concurso os servizos (limpeza viaria sen contrato desde o 2012 e xardinería desde 2019), cuxa actuación fora xa denunciada á Fiscalía por Alternativa, alegan que aínda que teñen interese en realizar a licitación non puideron debido ao Covid.

En canto aos pagos por traballos non realizados, que nun estudo realizado Alternativa valorou en 622.488 euros, limítanse a remitir unha fotocopia ilexible dun suposto informe, firmado por unha enxeñeira técnica agrícola, no que non se contesta aos feitos realizados.

En relación cos traballos non realizados no mantemento de zonas verdes no campo de fútbol do Vilaboa, cuxo ámbito contratado son

13.800 metros cadrados polo que se pagan anualmente 26.495 euros, maniféstase que aínda que desde o 2015 hai herba artificial o campo hai que mantelo. Ademais o Concello tamén ten contratado un conserxe para manter a instalación.

En resumo, o Goberno municipal non asume responsabilidade algunha nin a reposición ou devolución dos cartos polos servizos non realizados por parte das empresas privadas. Ante isto, Alternativa de Culleredo valorará as determinacións a tomar ante as evasivas do Goberno local, que poden incorrer nun posible delito de prevaricación.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!