O Goberno de Cangas utiliza un “engano orzamentario” para esconcer o seu fracaso e atacar á oposición

O suplemento de crédito é para pagar débeda, non para obra na Avenida de Bueu.


Alternativa dos Veciños (AV) denuncia publicamente que o goberno municipal de Cangas continúa coa súa deriva de incumprimento total dos acordos plenarios de 2024 (emendas) e agora utiliza a mentira e a desinformación para xustificar as súas accións.

O Fraude do Suplemento de Crédito: Débeda vs. Asfalto

O goberno municipal afirma publicamente que o Suplemento de Crédito (SC) que quería aprobar destinarase a unha suposta obra na Avenida de Bueu, e utiliza o voto en contra de Alternativa dos Veciños para acusarnos de frear ese proxecto.

Esta afirmación é rotundamente falsa e constitúe un engano masivo á veciñanza:

  1. O Suplemento de Crédito por valor de 1.050.162,50 euros non ten como finalidade legal financiar ningunha obra. Os documentos de Intervención confirman que estes fondos son para aforrar os xuros dun préstamo xa negociado e que se liquidará en xuño do 2026 con partida orzamentaria recoñecida e con xuros 0% .
  2. Obra sen proxecto: non existe proxecto para ningunha obra na Avenida de Bueu. O goberno está prometendo unha obra que non pode licitar con esa contía orzamentaria e que ademáis na rolda de prensa feita polo goberno arecoñécese a inexistencia do proxecto, polo que descoñece o custe de dita obra. Admais nin tan sequera houbo reunión coa Xunta que é a titular da vía.
  3. Encubrimento da ineficacia: o diñeiro utilizado para este suplemento (Remanente Líquido de Tesourería) procede do fracaso do goberno en executar os investimentos e emendas de 2024. O Concello non gastou os fondos destinados á dinamización do comercio, a subvencións deportivas, a piscina, a Aula Matinal ou a rehabilitación de vivenda social, ao ciclo da auga e agora ese aforro forzoso é empregado para pagar unha débeda coñecida e xa consignada, eludindo o mandato plenario de gasto.

Votamos en contra do suplemento de crédito porque non podemos apoiar un engano á veciñanza nin validar que os cartos dos proxectos de 2024 se desvíen para pagar débeda, mentres os servizos e investimentos comprometidos seguen paralizados.

O goberno segue a actuar contradicindo a lei orzamentaria do Concello (Orzamento 2024) eludindo os controis administrativos:

  • Partidas desviadas: fondos para investimentos en centros escolares (Capítulo 6) foron a parar ao pago de facturas da luz e partidas de subvencións a clubs deportivos foron repartidas sen coñecerse as bases, a aprobación, nin a publicidade do procedemento.
  • Vulneración do control interno: o goberno resolve sistematicamente de forma contraria aos reparos da Intervención, o que supón omisión de trámites esenciais que poden anular o gasto, demostrando unha xestión á marxe da legalidade e das Bases de Execución.

Alternativa dos Veciños (AV) levará esta nova manipulación e o incumprimento continuado ante os órganos de control, xa que se está a enganar á veciñanza da Avenida de Bueu para tapar a incapacidade de goberno e o desvío de fondos.

Comparte esta nova!