Diseño sin título

O goberno de Cambre pecha ás portas de apoio ao sector cultural

Descontento da veciñanza de Cambre, así como hostaleiros e outros sectores comerciais afectados pola decisión anunciada nos medios, sobre a cancelación de dúas das celebracións do verán máis populares do municipio.

Alternativa leva meses insistindo na planificación para reavivar o sector cultural, sobre todo de cara ao verán en previsión da posible mellora sanitaria. Aínda así o goberno local continúa a amparase na “precaución e responsabilidade”, sen ter en conta os múltiples xeitos de adaptar o formato das celebracións tanto á normativa, como a nova situación. E tampouco se está considerando a repercusión negativa nas persoas que viven do sector sociocultural que son moitas no municipio.

“A celebración será en liña para un municipio no que nin tan sequera hai internet de alta velocidade en todas as parroquias. A tendencia de traballo debería ser como o evento que se vai celebrar na vila esta fin de semana no centenario do nacemento de Xosé Seivane. Non hai escusas polo Covid, hai falta de vontade política.” Afirma Raúl Varela voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

Novas relacionadas