O goberno de Cambre non detalla o suplemento de crédito de 280 mil euros en actividades modificadas polo Covid

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O goberno de Cambre non detalla o suplemento de crédito de 280 mil euros en actividades modificadas polo Covid

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O goberno de Cambre non fai especificacións sobre esta cantidade dentro suplemento de crédito aprobado o pasado mes para actividades socioculturais e deportivas.

Sorprende a cancelación do Rock in Cambre e Galaicoi cando o pasado mes se aprobou un suplemento de crédito de 280.000 euros para actividades modificadas polo Covid. Alternativa demandou xa que se especificara a natureza de ditas actividades ante o cal a Concelleira delegada en cultura contestou con un –“ En programar diferentes actividades socioculturais”.

Motivo polo cal Alternativa esixirá na sesión plenaria do vindeiro xoves un informe técnico que xustifique este suplemento económico.

“Resulta lamentable que se poña trabas ao desenvolvemento de acontecementos tan destacables que, entre outras moitas cousas, impulsan a economía local. Máis lamentable resulta cando se trata dunha cuestión de vontade política. Posto que existe o crédito e temos exemplos en municipios da contorna (e no propio municipio) da posibilidade de celebrar eventos adaptados á situación sanitaria” afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!