O Goberno de Cambre segue a aprobar recalificacións do solo mentres dilata o Plan Xeral
Unha vez máis, o pleno de Cambre aprobou unha modificación puntual das normas subsidiarias para a recalificación de terreos. Nesta ocasión foron os terreos da empresa Malasa, cos votos favorables de Unión por Cambre e PSOE, e coa ausencia do alcalde por vínculos familiares no asunto.
Esta decisión incrementa a incredulidade sobre si verdadeiramente se está a traballar polo Plan Xeral ou polo contrario o Goberno de Cambre prefire seguir demorando a súa aprobación para continuar con recalificacións baseadas en normas subsidiarias obsoletas. É o caso dos lindes das Casas Bailly, do polideportivo de Anceis ou destes terreos de Malasa.
Neste último caso, empregouse o argumento das presas, alegando que os propietarios non queren agardar máis. Polo que parece tampouco abunda a confianza nestes propietarios de que o PXOM sexa realidade nesta lexislatura.