O goberno de Cambre acordase de defender aos veciños un mes e dez días despois
A ampliación da pegada sonora foi publicada o pasado 21 de outubro, pero o goberno municipal cambrés non aportou ningún tipo de información ou asesoramento á veciñanza afectada por esta medida.
A pasada semana o goberno municipal non lle deu ningunha importancia a este asunto tan grave. O Concelleiro de Urbanismo afirmou nas comisións informativas que a pegada sonora so “afecta a un pequeno espazo de edificacións” . Hoxe, en cambio, di que son 652 vivendas afectadas.
Alternativa dos veciños de Cambre leva informando sobre este grave problema para centos de cidadáns en Cambre dende a publicación no BOE. Todas aquelas persoas interesadas en presentar un recurso ou asesorarse poden dirixirse ao correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org e ao teléfono 604.08.07.82.
Unha oficina móbil tamén percorrerá nos vindeiros días a zona para axudar a veciños e veciñas a facer este recurso.