[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
as choivas deixan á vista un recheo que non podería facerse nunha finca rústica
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o Goberno Municipal está a permitir unha modificación ilegal do solo nunha parcela rústica na Maceira, na parroquia de Pastoriza, que linda coa estrada AC-552.
Alternativa dos Veciños volve denunciar que o Goberno Municipal de Arteixo está a permitir irregularidades urbanísticas. Esta vez, estas actuacións ilegais estanse permitindo nunha parcela rústica que linda coa estrada autonómica AC-552, no lugar da Maceira.
“Primeiramente, o concello xa permitiu un recheo de terra e a construción dun muro de contención inmenso, nunha parcela de solo rústico e que actualmente aparece catalogada en catastro como de uso agrario. O citado muro de contención esborrallouse hai uns días como consecuencia das choivas que arrastrou e provocou movementos no recheo de terra. Un recheo de terra, que atendendo a cualificación do solo, non se podía facer nesas condicións” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.
“O que esta sucedendo en Arteixo é algo que excede calquera limite. O actual Goberno Municipal está ao servizo duns cantos empresarios que se lle permite facer o que queiran e que teñen o monopolio da construción privada no municipio. Un auténtico escándalo”.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]