O Goberno de Arteixo aproveita a ampliación da rúa Torrente Ballester para cometer outra irregularidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno de Arteixo aproveita a ampliación da rúa Torrente Ballester para cometer outra irregularidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o Goberno municipal de Arteixo aproveitou as obras na rúa Torrente Ballester para usurpar parte dunha parcela que non se atopaba dentro do proxecto de expropiación urbanística, coa única intención de beneficiar a un promotor que no seu momento construíu de maneira irregular. Esta nova irregularidade urbanística cometeuse coa execución das obras de ampliación e regularización do sistema viario da citada rúa.

A empresa encargada de executar estas obras, por mandato do Concello, procedeu a ocupar, invadir e desenvolver obras nunha parcela de propiedade privada, coa intención de construír unha rampla de acceso aos garaxes dun edificio, os cales no seu momento foron construídos de maneira irregular por parte do promotor, e por este motivo, carecían de acceso aos mesmos.

“O que se lle está facendo aos propietarios da parcela usurpada é algo máis ben propio das peores mafias. Primeiro usúrpanlle unha parte da súa propiedade e logo no momento no que os propietarios presentan reclamación, empezan as ameazas e os intentos de engano para que o asunto non acabe en mans da xustiza” apunta Juan Francisco Martínez, voceiro de Alternativa en Arteixo.

Xa hai moito tempo que o señor Calvelo deixou aparcados os intereses do municipio de Arteixo e dos seus veciños, para atender e dar resposta aos intereses duns cantos empresarios ligados á formación política que representa. O Sr. Calvelo ao servizo dos “amiguetes” do Partido Popular” matiza Juan Francisco Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!