O Goberno de Alternativa volve reclamar á Xunta o inicio das obras pendentes do comedor do Valle Inclán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno de Alternativa volve reclamar á Xunta o inicio das obras pendentes do comedor do Valle Inclán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, demandou por carta ao conselleiro de educación o inicio inmediato das obras pendentes do comedor do Colexio Valle Inclán para a prestación do servizo que merecen os escolares de calquera colexio público. O Concello de Oleiros denunciou en numerosas ocasións a necesidade de eliminar os barracóns e dispor dun comedor que cumprira coas necesidades do centro, tanto en espazo como en materia de salubridade.

Hai catorce anos que a Consellería de Educación instalou uns barracóns para o comedor escolar do CEIP Valle Inclán de Perillo. Esta era unha medida provisional mentres non se creaban as instalacións adecuadas: ou unha nova construción ou unha adaptación dos porches xa existentes.

Ao longo de diferentes exercicios orzamentarios realizáronse obras, sen que o espazo dispoñible na actualidade teña a capacidade suficiente para cubrir a demanda. Ademais das graves deficiencias nas obras realizadas que tivo que subsanar o Concello para que se puidese empregar o novo edificio, a Xunta deixou sen rematar a planta alta, quedando pechada, sen portas de acceso, sen recebar e sen plaqueta.

A día de hoxe a situación agravouse ata tal punto que os barracóns situados no exterior, e que forman parte do comedor escolar, incumpren toda normativa sen que a Consellería tomase resolución algunha. O Concello de Oleiros colaborou máis alá das súas competencias para que as condicións hixiénicas dos barracóns fosen as adecuadas para prestar o servizo mentres a Xunta non abordara as obras, comprometéndonos en días pasados coa ANPA a facer un saneamento integral aproveitando as vacacións de nadal.

Por todo isto, o Concello de Oleiros demanda o inicio inmediato das obras na planta superior do actual comedor, que tería capacidade suficiente para poder atender as necesidades deste centro escolar e permitiría a eliminación definitiva dos barracóns.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!