O goberno atende a petición de Alternativa de mellorar a limpeza
Alternativa dos Veciños solicitou en sesión plenaria o reforzo do servizo de limpeza municipal así como accións de revalorización dos lavadoiros municipais. Ambos rogos foron recollidos polo equipo de goberno.
Dende o grupo municipal tamén se fixo un rogo para impulsar a loita para a construción do depósito para mellorar o abastecemento de auga, pero non foi aceptada a solicitude por parte do goberno municipal, como tampouco a moción para manifestarse en contra da lei Montoro e a regra de gasto. Esta última tamén presentada polo Grupo provincial onde si foi aprobada polo pleno da Deputación.
Alternativa dos Veciños tamén apoiou no pleno as axudas para á contratación dos obradoiros de emprego e as bolsas de estudo para o vindeiro curso escolar.