alternativa-dos-vecinos-cambre-pxom

O futuro de Cambre pasa pola existencia dun Plan Xeral

Cambre precisa dispoñer dun Plan Xeral de urbanismo que permita un desenvolvemento ordenado e sostible, que fomente a calidade de vida e no que o medio ambiente prevaleza sobre os edificios.

Non se pode nin se debe seguir a utilizar as normas subsidiarias, que poden chegar a hipotecar futuros desenvolvementos urbanos. As parcelas baleiras no entorno do Temple, da Costa da Tapia e nos lindes da N-VI non poden consolidarse con máis ladrillo. En Cambre fan falta parques.

Desde Alternativa dos Veciños faremos todo o posible para que Cambre conte cun Plan Xeral e progrese. Estaremos na oposición ou apoiando a quen lle toque gobernar, sempre e cando prevalezan os intereses xerais do pobo e non outros particulares.

Actuación que se pretende realizar construíndo edificios de 15 metros de altura nuns terreos que pasarán de ser solo rústico a urbanizable.

Novas relacionadas