O fundador da ONG ACOES visita Oleiros e entrevístase con Ángel García Seoane

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O fundador da ONG ACOES visita Oleiros e entrevístase con Ángel García Seoane

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O padre Patricio Larrosa, fundador da ONG ACOES, estivo durante a xornada de hoxe de visita no Concello de Oleiros. O cooperante internacional, acompañado por unha representación da delegación galega desta ONG, mantivo un encontro co alcalde Ángel García Seoane e outros representantes do Goberno local para expoñer algún dos seus proxectos en Honduras e intercambiar impresións sobre a situación existente neste país e no resto de América.

Larrosa tamén pasou polos micrófonos de Radio Oleiros onde explicou o traballo que leva desenvolvendo en Honduras desde o 1992. O cooperante explicou que ademais das campañas de sensibilización que realizan en España, o seu principal obxectivo é previr a pobreza e a exclusión social dos menores hondureños a través de programas de educación e formación. Precisamente están a levar a cabo un proxecto que consiste no ensino a distancia a través da radio. Nos próximos meses tamén van desenvolver outro moi interesante coa música como fío condutor, que contará coa participación inicial de profesores canarios e que terá continuidade con docentes hondureños.

ACOES é unha ONG de desenvolvemento, sen fins lucrativos de ningún tipo, que ten como obxectivo poñer en práctica proxectos de axuda humanitaria para a poboación de Honduras. Todo o persoal que colabora nos diferentes proxectos a través da ONG é voluntario, e os cartos que recadan son destinados aos proxectos educativos, sanitarios, alimenticios e sociais. Tamén procuran ensinar a voluntarios hondureños para que sexan eles mesmo os que xestionen o seu propio futuro e aprendan a axudar aos seus compatriotas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!