Que este país soportase realizar unha ilegalidade manifesta como unha concesión administrativa ata o 2048 otorgada a dedo á empresa “Autopistas del Atlántico”resulta sorprendente e vergonzoso. Levantar a peaxe é unha necesidade inminente.
A Comisión Europea obriga agora ao goberno español a revertir esta situación ilegal anulando aquel acto administrativo do Estado realizado de maneira irregular. A amenaza é a de acusalo diante do Tribunal de Xustiza Europeo. “Un auténtico escándalo do goberno de Aznar”, en palabras do alcalde de Oleiros e presidente da Alternativa, Ángel García Seoane.
O alcalde pediu tamén o rescate inmediato da principal vía de comunicación de Galicia, xa que o único que debe facer o Goberno é aplaudir, e non recurrir esa decisión europea. Actualmente, a autoestrada que comunica Galicia de norte a sur está xestionada por unha empresa propiedade dun fondo de pensións holandés. O pasado ano gañou máis de 90 millóns de euros, e estímase que o rescate pode chegar aos 4.000 millóns.