O equipo de Gestal, coas nais e pais do Otero Valcárcel

Celebrouse o martes unha manifestación para solicitar un reforzo do ensino público do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel de Carral, que conta co total apoio da Alternativa e o actual goberno local do alcalde Javier Gestal, sempre atento ás reivindicacións da Asociación de Nais e Pais: “A que está esperando a Xunta para solucionar estes problemas que non poden esperar nin un día máis e que requiren dunha solución inmediata?”.

Así o fixo saber o goberno local nunha carta enviada á consellería o pasado 4 de setembro, onde o alcalde respaldaba totalmente as demandas das nais e pais do cole.

A Asociación de Nais e Pais conseguiron falar previamente co inspector de zona da Consellería de Educación, quen lles confirmou que non se ía abrir unha terceira aula de infantil, a pesar de que as actuais contan cun ratio moito maior do matriculado. 

Tampouco lles están dando solucións á falta de profesionais de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. En canto á coidadora, desde a Inspección explicáronlles que estudarán o caso “nos vindeiros días”. 

Comparte esta nova!