A visita a Oleiros do embaixador palestino en España, Husni Abdel Wahed, en plena ofensiva terrorista israelí para destruir Cidade de Gaza e facer desaparecer Palestina do mapa, suscita gran interés por parte da cidadanía, indignada por ver a magnitude do xenocidio cada día por televisión.
A primeira autoridade palestina en España participará nun coloquio xunto ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o presidente da Fundación Araguaney Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Hibrahim. Os actos terán lugar na Fábrica (Rúa do Inglés, Perillo) o venres, 19, ás 20 horas; un acto de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.
Tras a charla proxectarase o filme “El Profesor”, unha película que abre o ciclo Amal por Palestina, que inclúe a proxección de “A una tierra desconocida” o sábado ás 20 horas e “Adios, Tiberias”, o domingo ás 12 da mañá.
HeART of Gaza
Tamén na Fábrica exhibirase a mostra “HearthART of Gaza, Memorias dun neno palestino”, unha colección de pezas artísticas infantís que se inaugura o domingo 21 de setembro ás 12 horas, e permanecerá ata o venres, 3 de outubro.