O domingo inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil
O vindeiro domingo día 17 de xuño, ás 12:00 horas, procederase ao acto de inauguración da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Este novo equipamento municipal está situado no polígono de Iñás, na rúa do Barbanza.
Nos últimos anos realizáronse importantes investimentos neste servizo público, fundamental para garantir a seguridade cidadá. Ante o notable incremento de vehículos e demais medios técnicos, o recinto existente na avenida Rosalía de Castro resultaba insuficiente.
Nas obras de creación da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, o Concello de Oleiros investiu 293.695,88 euros. A nova localización tamén permite uns tempos de resposta menores ao dispoñer de mellores conexións viarias para desprazarse ás diferentes localidades do municipio.