[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O dispendio do pasado e a ausencia dun plan xeral lastran as posibilidades do concello
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os grandes recursos económicos que entraban nas arcas municipais procedentes da explotación mineira, de empresas contaminantes como Sogama e das subvencións que entregaban a Xunta e o Estado a cambio de tragar con todo, facían de Cerceda un concello onde a xestión municipal era moi fácil.
Vivíronse moitos anos de tirar a casa pola ventá. Tal foi o dispendio que houbo alcaldes que querían coches Mercedes para a Policía Local, chegouse a crear unha cadea de televisión municipal e mesmo chegaron a estudar a compra dun helicóptero.
Os tempos mudaron e Cerceda estase vindo abaixo. Cada vez hai menos poboación, e nos vindeiros comicios é moi posible que se reduza o número de concelleiros. Gran parte desa decadencia débese ao desbaratamento sen sentido de épocas anteriores e á inexistencia dun plan xeral urbanístico.
O PSOE leva gobernando con maioría absoluta desde o ano 1995, pero incomprensiblemente o municipio non dispón do documento urbanístico municipal. Isto provoca inseguridade xurídica, tanto para a construción como para a compra-venda de terreos. O “ti vai facendo” pode traer problemas moi graves a moitas familias nun futuro.
Cerceda necesita de políticas distintas para recuperar o prestixio da localidade e atraer investimentos e poboación, para reactivar as entidades culturais e sociais e poder fomentar a cultura. Alternativa dos Veciños vai participar nesa loita.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]