O deportivismo non ten dono nin amo

Indignante utilización política dun sentimento: Abanca pode ser propitetaria do club, pero nunca do deportivismo


O Real Club Deportivo de A Coruña e o estadio de Riazor forman parte inseparable da cidade da Coruña, e tamén da comarca da Coruña e de Galicia enteira. Así o amosaron durante os últimos 4 anos milleiros de persoas, que nos peores momentos do club mantiveron en pé a ilusión do deportivismo ante o desatino de directivos, adestradores e xogadores.
Ante tanta paixón e sentimento, é lamentable a utilización política do recente ascenso do Deportivo por parte dos propietarios do club. Mentres os futbolistas si foron levados a Santiago, inicialmente impediuse a recepción oficial por parte da alcaldesa da cidade no Pazo de María Pita, a casa de todos e todas as coruñesas.
Abanca pode ser propietaria do Real Club Deportivo de A Coruña, pero nunca será propietaria do sentimento deportivista.

Comparte esta nova!