O saneamento do porto de Lorbé é unha competencia da Xunta de Galicia, non do Concello de Oleiros. Neste momento, que se están a facer as obras de conexión coa vía Ártabra, é o momento de meter as tuberías necesarias para poder crear unha rede que enganche coa depuradora municipal, para non ter que vir despois a romper todo o que se faga neste momento.
PP e PSOE, déixense de xogar con este tema porque é unha cuestión moi seria. De non resolverse a situación, o Concello abrirá un expediente á Xunta de Galicia por contaminación.