O-Concello-renovará-as-redes-de-auga-de-Santa-Cruz-e-do-Seixo2

O Concello renovará as redes de auga de Santa Cruz e do Seixo

Nos vindeiros días comezarán as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na avenida das Mariñas e en Santa Cruz. Estas dúas actuacións teñen un custo total de 252.047,14 euros.

No caso de Santa Cruz procederase á renovación da actual tubaxe, desde Coruxo de Arriba ata a rúa do Mar. O tramo central desta obra xa se realizou aproveitando os traballos de creación da rotonda, para non ter que romper o asfalto novamente. Na avenida das Mariñas a actuación realizarase na zona do Seixo, para mellorar a rede de auga desta zona.

En ambos casos as traídas que van renovarse teñen máis de 30 anos. Ademais da necesidade de aumentar a súa capacidade, era preciso renovalas para evitar as avarías que provocaban cortes na subministración e afectaban a centos de cidadáns.