O Goberno Municipal de Alternativa dos Veciños de Fisterra presentoulle a Consellería de Sanidade tres propostas para a construción do novo Centro de Saúde, un servizo fundamental para a cidadanía que debe mellorar. Con estas tres opcións, xa non quedan excusas para que a Xunta dea solución a esta importante carencia relacionada co dereito á saúde.
A primeira opción pasaría por redistribuír o edificio do ISM, onde se atopa actualmente o Centro de Saúde, para construír un novo centro nas plantas baixa e primeira.
A segunda opción seria construír un novo centro de Saúde nunha parcela que se localiza á beira do edificio do ISM e que a Confraría de Pescadores cedería ao Concello para poñela a disposición da Xunta de Galicia.
Por último, a terceira opción, seria construír un novo centro de saúde nunha parcela de titularidade municipal que se localiza en San Roque, na baixada cara os aparcamentos públicos.