[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello non pode vender as parcelas do campo de fútbol municipal de Oseiro
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo informa que o Goberno municipal non pode vender unilateralmente as parcelas onde se sitúa o Campo de Fútbol Municipal de Oseiro, xa que existen unhas condicións e obrigacións que derivan da cesión deste solo, que foi realizada no ano 2014 pola Deputación da Coruña ao Concello de Arteixo.
“Despois de revisar a documentación referente á cesión das parcelas realizada pola Deputación da Coruña no ano 2014, podemos informar que o Goberno Municipal non pode vender unilateralmente estas parcelas. En tal caso, o Concello de Arteixo só podería proceder á venda das citadas parcelas por razóns de interese público. Se cadra o Goberno municipal entende por razóns de interese público que unha empresa privada se queira instalar nestas parcelas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Estamos en contacto coas asociacións veciñais e o Club de Fútbol de Oseiro, que tamén se opoñen ás intencións do Goberno de vender estas parcelas destinadas a equipamento deportivo. Estas entidades emprenderán diversas accións para protexer esta zona deportiva que pertence á parroquia de Oseiro. Por suposto, contarán co apoio de Alternativa dos Veciños. Non permitiremos que o Goberno utilice o patrimonio do concello para dar pelotazos e beneficiar a empresas privadas” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]