Alternativa amosa o seu rexitamente ante a exclusión das súas iniciativas, que considera prioritarias para diferentes zonas do municipio. O grupo lembra que estas actuacións contaban con respaldo plenario, polo que a súa eliminación supón ignorar acordos adoptados pola corporación.
A decisión do executivo dificulta gravemente que estas actuacións poidan executarse neste mandato, especialmente ante a incerteza sobre a aprobación dun orzamento para este 2026.
No pleno do venres debatirase a aprobación dos seguintes investimentos:
- Renovación de prazas en Tierno Galván (495.524,32 €).
- Renovación da rede de iluminación pública con tecnoloxía LED e telexestión na N-550 (371.991,96 €).
- Rehabilitación de firmes en diversos viais en Almeiras (Eladio de la Iglesia – Pelamios -Silva) (285.390,26 €).
- Renovación do pavimento nas rúas Fonte do Souto, Tarrío, Leonzas, Manuel Reboredo e adxacentes (216.560,06 €).
- Acondicionamento e seguridade viaria na R/Campo da Fonte (208.187,97 €).
- Renovación do pavimento na rúa Tuto, Castro, Nabas e Cadaval (122.896,98 €).
- Inversión en gastos correntes (110.016,86 €)
O grupo de goberno xustifica que os proxectos que incluén son os únicos que cumpren os requisitos do POS. Por este motivo, os grupos da oposición solicitaron acceso á documentación para confirmar a veracidade da información e tamén a planificación para deseñar os proxectos.
Alternativa insiste en que para o investimento do POS deben priorizar as zonas con maiores necesidades e reclama transparencia na toma de decisións.