longora

O Concello entrega á Deputación o solo necesario para ampliar a estrada xunto ao Pazo de Lóngora

O Concello de Oleiros vai poñer a disposición da Deputación da Coruña o solo necesario para ampliar a estrada de titularidade provincial que une Santa Cruz e Montrove, á altura do Pazo de Lóngora. O Goberno municipal conseguiu estes terreos tras chegar a un acordo coas persoas propietarias que lidan coa estrada.

“Esta estrada, que é da Deputación, foise mellorando. Hai un tramo xunto ao Pazo de Lóngora que é estreitísimo, moi perigoso tanto para peóns como para vehículos. Falamos cos propietarios e imos poñer a disposición da Deputación o solo necesario para ampliar a estrada e crear beiravías”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas