O Concello despreza a lingua galega e perde unha subvención de 12.000 euros
A Deputación da Coruña concedeu unha subvención de 12.000 euros, do programa FONL 2019, ao Concello de Arteixo para mantemento do Servizo de Normalización Lingüística.
Dende o Concello non se xustificou esta axuda segundo as bases correspondentes. Perdendo así este programa de subvencións para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.
Alternativa dos Veciños critica a mala xestión do goberno municipal amosando unha falta de preocupación total pola promoción da lingua galega no municipio.