O Concello debe desbloquear o arranxo da estrada A Madalena – Aldán

Deputación debe establecer os prazos da obra, pero antes o Concello ten que remitir a documentación que falta

A estrada A Magdalena-Aldán  é un dos viais do Concello con maior perigosidade dado a cantidade de peóns  que transitan, a alta velocidade dos vehículos á falta de beirarrúas e o espazo  escolar polo que transcurre. Foi motivo da presentación dunha moción ante o Pleno para instar ao actual goberno municipal a que desbloquee a situación e inste á Deputación a continuar cos trámites do proxecto.

Dende hai anos, as asociacións (Nos, A Magdalena, Herbello e Daravelo), veñen solicitando unha mellora en dito vial e así a Corporación Municipal no Pleno do 30.03.2023 , levantou acordo por unanimidade de asinar o Convenio para a “mellora da mobilidade peonil na EP 1002”, donde o Concello aportaría o 20% do orzamento do proxecto (266.815,21 €) e a Deputación o 80% restante ( 1.067.206,84 €).

Un dos requisitos de dito convenio era a posta a disposición das cesións (57 ene total) que o Concello realiza á vez que notifica o acordó plenario.

A data 12 de maio do 2023 a Deputación solicita ao Concello a posta a disposición de al menos o 30% da cuantía que o Concello debe aportar para a realización desta obra (30% de 266.815,21 € ) para poder comezar a licitación.

Dende Alternativa dos Veciños  temos coñecemento que desde a Intervención do Concello realizouse informe que indicaba a posta a disposición da cuantía, pero que desde a nova corporación nunca se remitiu a Deputación de Pontevedra, polo que traemos a pleno a seguinte proposta de acordo:

1.- Instar o goberno municipal de Cangas que remita o antes posible o informe solicitado pola Deputación de Pontevedra  da posta  a disposición da cuantía que se require para o inicio da licitación e a sinatura do Convenio. 

2.- Insta ao Goberno Municipal a que solicite reunión coa Deputada de Infraestructuras para que se nos informe dos prazos nos que se levará a cabo a obra. 

Comparte esta nova!