CONCELLO_web

O Concello de Oleiros vai impugnar nos tribunais o pleno do Consorcio das Mariñas por incumprir a legalidade

O Concello de Oleiros vai impugnar por vía xudicial o acordo adoptado onte no pleno do Consorcio das Mariñas, dado o incumprimento de diversas leis, entre elas a Lei 40/2015 de 1 de outubro que ditamina a disolución dos consorcios e a súa adscrición ao concello de máis poboación e funcionarios, que neste caso é o de Oleiros. Esa adscrición responsabiliza ao Concello de Oleiros do orzamento e da contabilidade do Consorcio e obrígao a facer unha auditoría anual das contas do organismo.

“Ademais de incumprir as leis, o máis asombroso do acordo adoptado onte no Consorcio das Mariñas é que sendo 8 concellos, os 4 do PSOE votaran como presidente a o único representante do Partido Popular… Cando eles mesmos poderían ter a presidencia porque, tal e como falaramos, ían recibir o apoio de Oleiros e Carral… Pois ben, como por lei a presidencia é do Concello de Oleiros e como non podemos aprobar o orzamento de Oleiros se as contas do Consorcio non está correctas, non imos tragar con este presidente. Non está a facer absolutamente nada, hai unha auditoría que demostra que a empresa de recollida de lixo incumpre un montón de cousas, dedícase a viaxar constantemente a gastos pagos,….”, dixo Ángel García Seoane.

Novas relacionadas