O Concello de Oleiros, único municipio en Galicia que non permite as vivendas de uso turístico

DJI_0127 (1) (1)

O goberno local limita estas prácticas, mentres que a Xunta promove este tipo de alugueres, que causan graves problemas ó mercado tradicional.

A Xunta está a promover as vivendas turísticas en Galicia, causando un grave problema ao mercado do alugueiro tradicional e á convivencia de vilas e cidades. Ademais, son moitos os concellos que están a permitir este tipo de vivendas, que se aproveitan do escaso control que exercen as administracións.

Redución da oferta e suba xeneralizada do prezo de vivendas de alugueiro tradicional, para residencia permanente de familias, estudantes… etc.

Competencia desleal cos establecementos de hostalería que pagan todo tipo de impostos e manteñen un importante número de traballadores.

Problemas de convivencia, ruídos e todo tipo de incomodidades. Unha grande parte das mal chamadas vivendas turísticas úsanse para outros fins, que nada teñen que ver co turismo: festas privadas, consumo de drogas, redes de prostitución…, entre outras cousas.

Un hotel, unha fonda, unha pousada, unha casa rural, un apartahotel,… para poder exercer a súa actividade teñen un control total por parte das administracións. O que aluga un piso ou unha habitación como local turístico ninguén o controla.

Por todos estes motivos, o Concello de Oleiros é o único municipio de Galicia no que non se permiten as vivendas de uso turístico, agás o aluguer tradicional que se fai nas zonas de costa desde hai décadas durante os meses de verán, dirixido a familias que si veñen facer turismo.

Novas relacionadas