[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A xustiza resolve a favor do Concello de Oleiros na denuncia contra Fenosa por invadir unha parcela municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O xulgado de primeira instancia acaba de emitir a sentenza sobre a denuncia presentada polo Concello de Oleiros contra Unión Fenosa Distribución S.A. por invadir unha parcela de uso público pertencente ao Parque metropolitano, xunto á Igrexa de Liáns. A sentenza acepta a demanda e condena a Fenosa a pagarlle ao Concello 31.215 euros -máis os xuros desde o 11 de agosto de 2017- polos danos causados.
Os feitos denunciados polo Concello de Oleiros ocorreron en marzo de 2017. Unha empresa que traballaba para Fenosa procedeu a arrasar a zona húmida lindeira co regato que desemboca na praia de Bastiagueiro talando numerosas árbores de río e estragando parte do céspede do parque público.
Fenosa pretendía amparar esta actuación na Lei de montes de Galicia e na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que permite a Fenosa cortar piñeiros e eucaliptos de determinada altura nunha franxa de 5 metros a cada lado da rede media tensión. As árbores que foron cortadas na zona húmida de Liáns non están recollidas en ningunha desas leis.
Ademais desta sentenza favorable ao Concello de Oleiros polos danos causados por esta actuación, Fenosa ten imposta outra multa municipal de 60.000 euros por cortar de forma ilegal nesta mesma zona. O Concello tamén sancionou a esta compañía por non realizar o soterramento da rede eléctrica no centro urbano de Oleiros, a pesar de que o Concello fixera a canalización necesaria para o servizo.
Este tipo de actuacións de Fenosa poden afectar tamén a veciños e veciñas a título particular nas súas propiedades. Moitos cidadáns e cidadás non denuncian estes feitos por crer que non van ser atendidos ou por non afrontar gastos xudiciais, pero deberían facelo para acabar con este tipo de actuacións ilegais.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]