O Concello de Oleiros segue a chamar por teléfono ás persoas maiores do municipio que viven soas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros segue a chamar por teléfono ás persoas maiores do municipio que viven soas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Desde a área de Servizos Sociais existe un contacto permanente coas persoas maiores que viven soas. Ademais de continuas chamadas telefónicas, nas que colaboran persoas voluntarias, están a empregarse medios telemáticos para comunicarse coas persoas que participan nos distintos programas de envellecemento activo para realizar exercicios e actividades nos domicilios.

Todos os veciños e veciñas de Oleiros dispoñen dun servizo de atención psicolóxica ante posibles problemas derivados desta complicada situación de illamento nos domicilios. Aquelas persoas que precisen axuda poden chamar ao 981 610 000, extensión 3120, e serán atendidas por unha psicóloga.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!