[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros retirou 608 niños de velutinas no 2018
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias retirou no ano 2018 un total de 608 niños primarios de avespas velutinas en distintos lugares do termo municipal.
Ademais, o Concello de Oleiros ten localizados outros 45 niños pendentes de retirar pola súa elevada altura e para os que se solicitará a colaboración do Concello da Coruña. Todos os niños, co frío, quedan sen actividade e non supoñen ningún tipo de perigo. As velutinas refúxianse noutros lugares e, cando aumenten as temperaturas, as raíñas formarán novos niños.
“Desde o Concello de Oleiros seguiremos a traballar arreo para frear esta ameaza. O problema é que quen tiña que actuar, que é a Xunta, amosou unha pasividade total ante este problema. Fixéronnos pouco caso no seu día, cando os alertábamos do que se nos viña encima en Galicia”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]