O Concello de Oleiros reparte 18.000 kg de alimentos entre familias en vulnerabilidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros reparte 18.000 kg de alimentos entre familias en vulnerabilidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros procederá ao reparto de 18.000 kg de alimentos entre 333 familias que neste momento se atopan en situación de emerxencia social. Para evitar as colas que se dan noutros lugares, todas as persoas son citadas en horario concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar.

O coronavirus está a ocasionar unha grave crise económica e social da que o pobo de Oleiros non é alleo. Para afrontar esta adversa situación e garantir que ningunha familia quede desamparada, o Concello está a empregar todos os medios dos que dispón e, igual que xa facía antes desta crise, está en contacto permanente con todas as persoas en situación de vulnerabilidade para poder atender de maneira personalizada e individualizada cada un dos casos.

Ademais deste reparto de alimentos, o Concello está a axudar a todas estas persoas mediante a entrega de bonos para acceder a produtos frescos en supermercados; costeando integramente o comedor escolar dos nenos e nenas destas familias; entregando axudas para o pagamento do aluguer ou a factura da luz, a compra electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; asumindo os gastos de medicamentos, etc… Ademais realízase tamén un importante investimento no Servizo de Axuda no Fogar, para a atención de persoas maiores e dependentes nos seus domicilios.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!