O Concello de Oleiros reparte 17.000 kg de alimentos entre familias en vulnerabilidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros reparte 17.000 kg de alimentos entre familias en vulnerabilidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros procederá ao reparto de 17.000 kg de alimentos procedentes da Unión Europea entre 357 familias do municipio que neste momento se atopan en situación de emerxencia social. Para evitar as colas que se dan noutros lugares, todas as persoas son citadas individualmente en horarios concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar e coa máxima discreción posible.

Ademais deste reparto de alimentos, o Concello está a axudar a todas estas persoas mediante a entrega de bonos para acceder a produtos frescos en supermercados; costeando integramente o comedor escolar dos nenos e nenas destas familias; entregando axudas para o pagamento do aluguer ou a factura da luz, a compra electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; asumindo os gastos de medicamentos, etc… Ademais realízase tamén un importante investimento no Servizo de Axuda no Fogar, para a atención de persoas maiores e dependentes nos seus domicilios.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!