Tras do ruidoso cacareo das políticas de vivenda, case ninguén fai nada efectivo. Nen Xunta nen Goberno central lle botan valentía ao asunto e establecen fórmulas reais para que as familias cheguen a dispoñer dunha vivenda a un prezo razonable.
O goberno de Oleiros está promovendo na actualidade 150 vivendas que se destinan a cooperativas de persoas que están a construir as súas casas ao marxe do mercado. Agora da unha volta máis ao anunciar a construción doutros 36 pisos que se alugarán.
Os Concellos non teñen a obriga de promover vivendas, que a lei pon en mans de Xunta e Goberno. Pero o de Oleiros toma parte activa no asunto para conseguir que alomenos algunhas familias poidan acceder a este tipo de uso da vivenda.
A nova fase de icaria consta de algo máis de 65.000 m2, dos que case a metade son destinados a equipamentos públicos, zonas verdes (para o que se aproveita o arborado existente) e sistema viario. Pero tamén hai espazo para vivendas de promoción privada e pública e zonas comerciais. Icaria continuará mantendo o mesmo aspecto que as fases anteriores, pero estará mellor conectada a pé co mar, tras a reforma do cruce de Sol y Mar, xa que algúns dos novos viais desembocan na rúa Areal.