[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros presenta unha querela contra a dirección do Consorcio das Mariñas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Xulgado admitiu a trámite a querela presentada polo Concello de Oleiros contra o presidente e os técnicos responsables do Consorcio da Mariñas. O Concello denuncia un suposto delito de prevaricación por entender que se están cometendo graves irregularidades na xestión deste organismo público.
“Intentamos dialogar, pero non nos quedou máis remedio que ir aos tribunais porque seguen facendo o que lles dá a gana. Non imos permitir que na administración pública se leven a cabo políticas en contra do interese xeral dos cidadáns. Para dirixir un organismo hai que ser honrado, ético, eficaz e capaz”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]